Kalandraka proponnos “Elas” neste 8 de marzo

Kalandraka proponnos “Elas” neste 8 de marzo

08 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A editorial Kalandraka vén de publicar Elas, un libro distinguido cunha mención especial no II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O xurado do certame definiuno como un “canto ao feminino”. Trátase dun texto poético e cheo de musicalidade, que se complementa cunha inguaxe plástica limpa, clara e

Cecilia Afonso é a autora de Elas. Estudou gravado na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón. Pertence ao colectivo arxentino Foro de Ilustradores. Tamén participou en varias exposicións e en 2008 foi seleccionada para a mostra da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Actualmente traballa como ilustradora para unha revista de xardinería e paisaxismo.

Cultura