ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A famosa firma de textis Kenia de Ferrol puxo tenda na avenida Marqués de Figueroa números 1-3 de Fene. O cariño por este concello levou ao propietario, Olegario Álvarez, a abrir o novo local.
Seguro que moitas persoas que nos escoitan coñecerán as tendas Kenia ou Saldos Kenya de Ferrol, tendas moi antigas que sobrebiriropn ao paso dos anos. A terceira xeneración, neto do fundador nos anos 60 Juan Álvarez, é Olegario Álvarez que ven de dar o paso de ubicar unha nova tenda da cadea, en Fene. Na Avenida Marques de Figueroa 1-3 abría o mércores as súas portas a nova tenda de Kenia. Baixo este letreiro está o producto textil característico da firma, roupa interior, roupa de cama e confección.
Para Olegario Álvarez, Fene é un núcleo moi importante, onde ademais o propietario ten familiares, amigos e polo que sente cariño. Para Olegario, "a avenida Marqués de Figueroa ten moito potencial". Os productos de Kenia proceden de fábricas textís españolas de toda a vida e ao mellor prezo posible. Ese é quizas o seu selo de identidade. A tenda Kenia de Fene permanecerá aberta no horario habitual, adaptada agora á pandemia, co peche estipulado ás seis da tarde. Non descartan abrir os segundos e cuartos domingos de mes, coincidindo cos feiróns.
Publica o teu comentario agora