Kepa Junkera e Xosé Manuel Budiño actuarán xuntos na Carballeira de Zas

Kepa Junkera e Xosé Manuel Budiño actuarán xuntos na Carballeira de Zas

06 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Kepa Junquera actuará a dúo con Xosé Manuel Budiño mañá sábado na Carballeira de Zas. Confirmáronno así a Radiofusión dende a organización do festival, esta mesma mañá. Como cada primeiro sábado de agosto dende hai 27 anos o mellor folc galego, nacional e internacional danse cita en Zas (A Coruña) na Festa da Carballeira. Nunha contorna inmellorable como é o anfiteatro natural da carballeira de Ve

A Asociación Cultural Castro Meda organiza unha nova edición da Festa da Carballeira, unha cita ineludible dentro do verán galego. Organizada en dúas partes, a primeira arrinca este sábado a partir das cinco da tarde coa actuación de tres grupos tradicionais. O grupo de baile da sociación Cultural Castro-Meda de Zas, o grupo de baile Donaire de A Coruña e a Banda de gaitas Maruxía de Laxe. A partir das nove da noite Zas vibrará denovo coa súa noite folc. Actuarán os lugueses Clan Maragato, Quempallou, os vascos Kepa Junquera, os bretóns Gwendal e os coruñeses Banda Potemkin.

A entrada custa cinco euros e os asistentes recibirán, como agasallo, un CD conmemorativo do festival con dúas cancións de cada grupo. Haberá zona de acampada e aparcadoiro, así como menu do día a base de churrasco, raxo, calamares, pimentos de Padrón, patacas ali-oli e empanada. Paralelamente o Centro de Usos Múltiples de Zas acolle, desde o pasado 1 de agosto ata este sábado 7, día do festival, unha exposición sobre a historia desta celebración.

Sociedade