Kibitka e Hixinio Flores protagonizan o serán cultural de Lugo

Kibitka e Hixinio Flores protagonizan o serán cultural de Lugo

30 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A música será a protagonista da xornada de hoxe do programa “Cultura Aberta”, organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, que dirixe o nacionalista Antón Bao. “Kibitka”, unha casa migratoria que mostra a bagaxe de oito músicos que trouxeron ritmos e influencias de países tan dispares como Moldavia, Rusia, Armenia, Galicia ou Bielorusia, tomará os xardíns da Deputación a partir das 21.00 horas par

Ademais desta actuación, a cultura en Lugo ten outra cita ineludible. Esta vez é coa arte, xa que, a partir das 20.00 horas no Museo Provincial, inaugurarase a exposición “Inquedanzas”, de Hixinio Flores, que permanecerá ata o 30 de agosto. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación, Antón Bao, da Directora do Museo, Aurelia Balseiro, e do propio artista, Hixinio Flores.

Cultura