Krahe ten querencia por Ferrol

Krahe ten querencia por Ferrol

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cantautor Javier Krahe elixe Ferrol para ofrecer un dos seus poucos concertos fóra de Madrid. Estará o xoves, no ciclo Novas Noites, na capela do Torrente Ballester, presentando o ultimo :” Querencias y extravíos” . A entrada a 2 €.

Javier Krahe leva máis de 20 anos facendo música fóra do mercado. De feito, a multinacional Sony fichábao ao comezo da súa carreira musical, pero a súa rebeldía e a negativa a someterse aos rigores do márketing publicitario,  deciden a Sony a rescindirlle o seu contrato.

Dende os 90 dirixe varios selos discográficos alternativos como Lollipop e 18 Chulos.  Precisamente con esta última productora sacaba á rúa no 2007 “Querencias y extravíos”, un disco en directo no que alterna a lírica libidinosa coa metáfora sutil.

Sociedade