L´Uomo Di Gomma preséntanse cunha anti-oda ao Tea Party

L´Uomo Di Gomma preséntanse cunha anti-oda ao Tea Party

27 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A nova Casa Xurásica, local de ensaio das bandas compostelás, serviu de escenario hai catro meses para o nacemento de L´Uomo Di Gomma, unha nova formación na que atopamos a membros de Samesugas, The Lorchas e The Homens. Ramón, Josete, Pombo e Roi son os integrantes deste grupo de anarcopunkcorelódico experimental, como eles mesmos se definen. “En cada ensaio faciamos dous ou tres temas, tiñamos moit

“Buscar un nome case acaba co grupo”, afirma Roi, quen tamén comentou que un chiste sobre o contorsionista italiano acabou decidindo que a banda se chamase como o artista circense, L´Uomo Di Gomma.

Atopar un título para o EP parece que foi cousa máis doada. O baixista comentou como a obsesión do letrista, Josete, pola política estadounidense republicana Sarah Palin o levou a compoñer o seu primeiro tema político, unha anti-oda ao movemento Tea Party.

L´Uomo Di Gomma xa contan cun repertorio duns 15 temas propios que interpretan nos concertos e que agardan converter en disco en breve, como fixeron con este primeiro traballo. Tea Party EP foi gravado e mesturado en directo, nun só día en novembro, quedándose coas primeiras tomas e sen moita produción, para que as cancións soen o máis parecidas ao concerto.

L´Uomo Di Gomma amósanse tamén contrarios ás discográficas e a entidades como a SGAE, por iso, e para facilitarlle ao máximo o traballo aos que acudan aos seus concertos puxeron os seus temas a libre descarga na rede.

Cultura