Líderes contra vento e marea

Líderes contra vento e marea

04 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío colocou  a guinda ao pastel ao proclamarse campión de inverno da liga da Segunda Autonómica de Fútbol grupo 3. Sen baixar do seu trono neste primeiro tramo ligueiro revalidou o seu reinado onte domingo contra o Narahío no campo de San Xoán de Ferrol ao vencer por dous tantos a cero. Un liderato que permite ao conxunto de Tito Dopico mirar ao futuro de fronte e con optimismo. Enfocar a segunda fase do campionato cun unico propósito:

Nun encontro complicado onde ningún dos dous planteis xogou cómodo, o Perlío conseguiu encaixar dúas dianas na portería do Narahío e afianzarse no primeiro posto. Un choque que non destacou pola súa espectacularidade, sinalou o técnico dos Pinares Humberto Dopico. Pero como no fútbol o que importan son as números, os tres puntos saben a gloria. 

Matrícula de honra para o xogo do club pero un progresa inaxeitadamente para o campo dos Pinares. A construcción do campo de céspede artificial vai camiño de convertirse noutra das obras mandadas por Felipe II que fixeron historia polo seu ralentizado levantamento. 

“Estas cousas pasan por non facelas ao seu tempo” declarou Dopico a semellanza do que debeu pensar o Rei dos Austrias. O adestrador gabou o traballo dos xogadores e a súa boa predisposición para levar esta situación con boa faciana . Non en balde os rapaces dúchanse con auga fría e seguimos retrotaéndonos ao século XVI. O plantel “tira para diante” e agardan o momento de poder gabarse desa marabilla de campo no que se vai transformar. Polo momento ata que o patito feo se transforme no espectacular campo de xogo prometido, Dopico o cualifica de “desastre”. 

Están adestrar en Centieiras e nas Pericas, un terreo feito unha lameira polas fortes choivas caídas no mes de decembro. Malia todo, as súas arelas pousanse en gañar partido a partido obviando as trabas no percorrido ata acadar a liga.   

Como Felipe II “o prudente”, os xogadores amósanse cautos e alleos ao tema. E con prudencia e paseniño as cousas chegan ao final.  

Deportes