"La caja" (Telecinco, 00.30 h.)

"La caja" (Telecinco, 00.30 h.)

27 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Porque hoxe é hoxe imos falar da caixa vermella, pero non da dos bombóns Nestlé, senón de “La caja”, a secas, que é como se titula finalmente o novo programa que insiste nesa misión máis grande que a propia vida que empurra a Telecinco a facer prospeccións na condición humana. O malo é que se a canle amiga tivese un negocio na praza de abastos sería o de casquería, porque por rabuñar un punti&ntild

Se xa conseguiran que, perseguindo uns miles de euros, nunha pirámide de preguntas a xente revelase o máis ignominioso da súa vida a Emma García, agora van un paso máis aló e conseguen trasladar unha sesión de terapia psicolóxica ao medio dunha enorme caixa colorada e de alí ao salón da nosa casa. Falan de ‘reality’ psicolóxico, pero, aínda sen gabardina que abrir polo medio, máis parece puro exhibicionismo.

Xente con traumas severos (malos tratos, mortes de fillos, familiares con doenzas gravísimas, fobias, etc...) verquerá bágoas e bágoas relatando as súas traxedias para que non nos durmamos diante do sofá. Do “M” ao “O” maiúsculo, a caixa leva escrita a palabra MORBO en letras de molde, pero dende a cadea insístese en que é un espazo de servizo á sociedade, asesorado por un prestixioso equipo de psicólogos que se encarga de proxectar nas paredes do caixón das choras unha serie de imaxes e estímulos sensoriais para que saquen todo fóra, eles se sintan peor durante uns intres e nós, entre bocexo e bocexo nos congratulemos da vida estupenda que levamos. Porque o obxecto de regodearse no espectáculo da desgraza allea nun ‘show’ televisivo entendo que consiste niso. Ou é así, ou eu xa non comprendo nada do negocio este. “La Caja” estréase en Telecinco ás doce e media da noite.

Sociedade