La Musgaña en Fene

La Musgaña é un grupo español de música folk, formado en 1986
01 de Novembro, 2019 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

Trinta e un anos cumple a Xuntanza de Gaiteiros de Fene. Celebrase esta edición o sabado 2 de novembro na Sociedade Agarimo de Sillobre. A entrada é libre.

ESCOITA O PODCAST:

O grupo castelán La Musgaña participará este ano na 31 Xuntanza de Gaiteiros organizada por Airiños de Fene o sábado dous de novembro ás 19,30h. na Sociedade Agarimo de Sillobre- Fene. O presidente de Airiños de Fene, Valentín García Modrón explícanos porqué un grupo non galego protagonizará a Xuntanza deste ano. Afirma o presidente da banda fenesa que a Musgaña non é un grupo de todo alleo a nós. Un dos seus integrantes, Carlos Beceiro, é de Narón e sempre houbo unha boa relación con eles. Afirma Valentín García que xa lle estaban dando voltas hai tempo a abrir as portas da Xuntanza a outras formacións, independentemente de que sexan galegas ou non. A Xuntanza completarase coa actuación de Encrucillada e das seccións da Banda Airiños de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora