La Posada del Mar: Unha mariscada en Mugardos

La Posada del Mar: Unha mariscada en Mugardos

31 de Agosto, 2008 - 12:00 h. | Publicada por

A cociña do marisco non ten segredos. A preparación da maior parte destes productos do mar é moi sinxela. Só cocidos cun pouco de sal. Pero o fundamental é a calidade e frescura dos crustáceos ou moluscos. En La Posada del Mar de Mugardos as dúas cuestións están garantidas.

Comín en La Posada del Mar un cuarto quilo de percebes e un peixe sapo (rape) con chícharos e salsa de tomate. Todo adubiado cun viño Ribeiro Vilerma. Cobráronme 34 euros. Os pollicipes pollicipes estaban moi sabrosos, cun tamaño moi adecuado e propio para o padal. O peixe tamén rezumaba frescura e o sabor que lle sabe dar un mestre ou mestra cociñeira. Por todo iso La Posada é un lugar de peregrinaxe obrigado para todos os namorados dos productos do mar.
Sociedade