Labregos do Tempo dos Sputniks gravan dez anos despois a súa voz poética e rebelde

Labregos do Tempo dos Sputniks gravan dez anos despois a súa voz poética e rebelde

19 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

“Este disco estivo presentado durante unha década e finalmente sae á rúa”, chancea o García MC sobre o particular modo de facer dos Labregos do Tempo dos Sputniks, escorregadizos dende que o rapeiro coincidiu cun punk como O'Leo durante a presentación dunha monografía da revista Arraianos sobre Celso Emilio Ferreiro. Alí comprenderon o interese común “por un mundo

A través dos versos doutros e recuperando temas dos seus cancioneiros particulares, García MC e O'Leo erguen unha voz rebelde. “Hai outra canción posible, mais os tempos queren sicenridade e verdade, e se entramos neste plano dificilmente podemos esquivar a inxustiza, o que está a suceder”, di o membro de Dios Ke Te Crew. “Temos que estar á altura das circunstancias e saber facer uso da palabra e do silencio, así que nos Labregos temos moi claro que a palabra ten que ter o seu peso, e de aí a visión poética”, engade.

Coa única colaboración de Mini e Mero, “Libremente” recolle unha ducia de temas dun grupo xa rodado ao vivo mais que aínda non contaba con referencia discográfica. Agora téñena en forma dun álbum que soa como son, segundo Vituco Neira, os Labregos do Tempo dos Sputniks: “Sen grandes artificios nin pose, pero con talento e ideas claras a eito”.

Cultura