Lacón con grelos en Mesón do Vento

Lacón con grelos en Mesón do Vento

11 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar os vindeiros 19 e 20 de marzo unha nova edición da súa tradicional Festa do Lacón con Grelos que terá lugar en Mesón do Vento. Unha festa ineludible no municipio que vai xa pola súa décimo terceira edición, mostra do éxito que obtén ano tras ano.

Como en cada edición, esta festa contará con multitude de actividades que estarán repartidas nas xornadas do sábado e o domingo. Así, o sábado 19 de marzo ás 10 horas terá lugar a apertura do recinto feiral con exposicións de gando e de maquinaria. A partir das 17 horas se celebrará o tradicional desfile de comparsas e concurso de disfraces no que se repartirán máis de 1.500 euros en premios entre as diferentes categorías tanto para adultos como para nenos. A partir das 20 horas se cerrará a xornada cunha gran verbena popular. 

Xa o domingo 20 de marzo a gastronomía, e en particular, o lacón con grelos, será o protagonista cunha degustación gratuíta deste plato nos establecementos hosteleiros da zona. Ademais tamén haberá unha concentración moteira e a partir das 11 horas darán comenzo os concursos de gando e a concentración cabalar co concurso de estampa de Beleza Galega. Ás 12 horas seguiralle a proba de Andadura Federada Galega de 2 e 4 tempos, e xa pola tarde, ás 15:30 horas celebrarase a Carreira de Trotóns, ás 16: 30 a proba de trote libre e ás 17 horas a proba de arrastre con gando vacún.Para todas estas probas haberá premios en metálico. A noite contará cunha nova verbena a partir das 20 horas.

Dende o Concello de Ordes, o concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións, José Luis Gómez Candal, animou tanto a veciños como a visitantes a que participen un ano máis nesta festa, disfrutando así dunha fin de semana adicada ao gando e á gastronomía, téndose xa convertido esta feira nun referente dentro do sector.

Sociedade