The Ladies no XI Fenerock

The Ladies no XI Fenerock

30 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 20 persoas están preparadas xa para ter todo a punto no Fenerock. Os cartaces están colgados por toda a comarca anunciando que os dias 13 e 14 de setembro empezará a soar a música na undécima edición do festival de San Valentín. Son 8 grupos os convidados. Tres chegan de fora: The Cornelius de Vilagarcía, The Ladies de Madrid e o gaditano, Pablo Carbonell.

Os cinco restantes son da comarca, de Fene e Ferrol. Grupos máis noviños e outros máis veteráns. Este é o Cartel do 2013.

DIA 13: DPYSS (Fene); KOWLOON ( Ferrol); TONY TORRES & FIVE STRINGS BAND ( Ferrol) e THE LADIES (Madrid)

DIA 14: ARGÓN ( Fene); WINDOW PANE (Ferrol); THE CORNELIUS (Vilagarcía) e PABLO CARBONELL

Nunca estiveron na comarca de Ferrol, The Ladies, seis mulleres que ofrecen o rock dos 50 e 60 e unha posta en escea moi vistosa, chea de glamour e picardía. Tampouco o amigo e colega de Wyoming,  Pablo Carbonell. Foi o primeiro quen lle falou do Fenerock e este ano quixo estar en Fene. O polifacético artista cantará cancións do seu último disco “Cancións de cerca” e do seu vello grupo, Toreros Muertos. Como xa van 11 anos de Fenerock, todo ven rodado e a 13 dias do festival, poucos cabos quedan por atar. Haberá carpa, zona de acampada, entrada gratuíta, barra e a paraxe incomparable do paseo de San Valentín de Fene. Os concertos comenzan ás 21.00h.Ofrecemos todolos detalles dos grupos na entrevista co alma mater do Fenerock, Maikel Rodeiro.

Sociedade