Lago Lage defende o investimento en Lugo e na Terra Chá ante as críticas de Barreiro

Lago Lage defende o investimento en Lugo e na Terra Chá ante as críticas de Barreiro

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O senador e secretario socialista por Lugo, Luis Ángel Lago Lage, defendeu as accións dos gobernos do PSOE na provincia e contestou ao presidente popular lucense, José Manuel Barreiro, establecendo que “no que vai de lexislatura, Zapatero leva investidos 940 millóns de euros, mentres que o Partido Popular, en oito anos, investiu menos de 450 en infraestruturas”. O representante do PSdeG tam&eacute

En canto ás obras que están relacionadas coa Terra Chá, Lago Lage fixo balance comezando pola Autovía do Cantábrico (A-8), á que se referiu como a “única infraestrutura na que o Partido Popular estaba traballando, pero non había ningunha obra iniciada no 2004”. Lage defendeu a xestión socialista amosando que “cinco anos despois hai 6 tramos en servizo, máis a Ponte dos Santos. E se falamos do resto das autovías, o PP no 2004 non tiña aprobado ningún documento administrativo de ningunha delas”.

Entre as prioridades dos socialistas a curto prazo situou a finalización da citada A-8, ademais dos tramos da N-VI entre Rábade, Begonte e Guitiriz, e os da N-640 de Castro-Rozas e Meira-Pontenova.

Por outro lado, o senador retou ao próximo goberno do Partido Popular a continuar cos proxectos comezados por Touriño. “O señor Barreiro debería de comprometer publicamente que o seu partido non paralizará ningún dos proxectos comezados por Touriño nesta provincia. O novo goberno da Xunta debería de preocuparse de non deter obras coma a do polígono das Gándaras ou a do auditorio de Lugo”, dixo Lage.

No tocante ao tramo da autovía Lugo-Santiago ao seu paso por Guitiriz, o secretario provincial do PSOE instou ao presidente popular lucense a “garantir que a Xunta de Galicia invista en infraestruturas na provincia de Lugo polo menos o mesmo que aporta o Estado, como no caso das obras da autovía Lugo-Santiago, no tramo Lavacolla-Gutiriz, entre outros. Será entón cando as palabras deste señor sexan cribles”, rematou.

En canto ao balance xeral, o responsable socialista cifrou en 1.300 millóns de euros a cantidade presupostada e adxudicada para a provincia de Lugo en obras, en construción e en servizo desde o 2004 ao 2009, cunha media de inversión anual de 260 millóns de euros. “Polo tanto, as comparacións de Barreiro nos levan a coñecer de que lado está a preocupación por esta provincia. Co PP 115 millóns de media de investimento anual en 8 anos. Case 150 millóns menos e no dobre de tempo”, explicou Lago Lage.

Sociedade