A lamprea seca péscase en Arbo

A lamprea seca péscase en Arbo

02 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Concello de Arbo (Pontevedra) acolle este domingo 3 de xullo a Festa da Lamprea seca, o salmón e o sábalo. Quérese homenaxear as tres especies características do río Miño. Quérese divulgar ademáis da coñecida lamprea e do rico salmón, as posibillidades gastronómicas do sábalo (Alosa alosa),, peixe fluvial extinto en moitos ríos de Europa pero que se conserva nesta zona.

Este domingo, entre as o dez da mañá e as nove da tarde, os restaurantes de Arbo ofrecerán pratos e receitas a base de lamprea seca, salmón e sábalo do río Miño e de degustación de queixo e mel das Neves. Colaboraron os restauradores de Os Pirús, Arboreda, Casa Barcia, Castro e Mesón da Lamprea.
Entre as actividades paralelas que se irán sucedendo ao longo de todo o día, haberá un concurso de pesca con cana no río e outro de fotografía, ademais dunha exhibición de aves rapaces de 'Falcóns de Galicia', pola mañá e pola tarde, na Carballeira da Turbela.
Para os máis pequenos organizaranse actividades e xogos tradicionais, a partir das catro da tarde e durante todo o día, actuación de grupos de gaitas de Loimil, as pandereteiras de Ponteareas 'Os Muiños de Oliveira' e trucos de maxia a cargo de Cayetano Lledó.
Tamén, ao longo de toda a xornada, haberá acceso gratuíto ao Museo do Viño, e á exposición sobre Peixes do Río Miño, cedida por Aqua Museo Rio Minho, de Vila Nova de Cerveira. Ademais, no Museo, celebraranse unhas xornadas técnicas. De catro a cinco da tarde, 'Viaxe sensorial polos meles de Galicia' con Xosé Manuel Durán e de cinco a seis, 'Iniciativas micolóxicas en Galicia' a cargo de Enrique Fandiño.
Na Carballeira da Turbela,instalaranse diferentes casetas dos Rederos de Arbo, da Asociación de Pescadores 'O Trabadoiro', Olería de Gundivós (Sober) e de artesanía e cestaría.

Cultura