Larraitz Urruzola presenta Babamor en Fene

Larraitz Urruzola presenta Babamor en Fene

03 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Defínese como vasco-galega. A actriz, titiriteira e contacontos, Larraitz Urruzola, actúa en Fene esta Tarde. Presenta unha contada baixo o título de Babamor, unha serie de contos encadeados nos que fala da familia, ou deberiamos decir das familias, diferentes maneiras de agruparnos sempre co amor como pretexto. Urruzola presumiu con humor esta mañá en Radio Fene de cumprir co tópico dos 8 apelidos vascos.

A narradora e actriz vasco- galega, Larraitz Urruzola, visita esta tarde a biblioteca municipal de Fene co seu espectáculo de animación “Babamor”, dirixido a nenos/as a partir de 4 anos e ás súas familias. A cita será a partir das 19 horas. Precisamente de familias das máis diversas formas fala o espectáculo Babamor, con vocación de actualizar ese concepto antiguo da familia e cargalo de amor como o principal eixo de unión entre os seres humanos. En “Babamor”, Urruzola bota man da palabra pero tamén doutras ferramentas que domina na súa profesión e que nos explicou esta mañá.

Larraitz Urruzola leva case 30 anos afincada en galicia onde realizou cursos de teatro impartidos; expresion corporal, voz, Ademais, obtivo en 1996 o título oficial de ‘Animadora Sociocultural’ . Realizou máis de 1100 representacións, participando en festivais de teatro e títeres nacionais e internacionais. Foi durante varios anos, actriz da compañía ‘Teatro Cachirulo’ ata que montou as suas propias compañías. Chegou lonxe, ata o Festival Internacional de teatro de Bonecos Belo Horizonte 2002 (Brasil).

Sociedade