ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xa que remata o verán e terminan os numerosos festivais que acontecen en Galicia durante estes meses, a rede social galega latri.ca vén de idear o I Festival Musical Online con grupos galegos. Arrincará ás oito e dez desta noite e durante tres horas permitiranos gozar en tempo real, a través da pantalla do noso ordenador, da música de Esquíos, The Cripple and the Tramp, Losthopes, Carlos López, Labazada, La comandancia, Dreams of Dolly Sheep, O Neno El
Manuel, administrador e promotor desta iniciativa, asegurou en Radiofusión que o obxectivo é “gozar dunha actuación ao vivo desde as nosas casas ao tempo que se promociona a cultura e os músicos galegos”. Formacións que actúan de balde neste I Festival Musical Online.
Latri.ca é unha rede social galega que se puxo en marcha o 1 de xaneiro deste 2010 como alternativa ao twitter, aínda que con algunha mellora como a inclusión de vídeos e fotografías, afirma Manuel. Actualmente, son case 700 os usuarios deste proxecto que procura a participación activa na rede.