Lava que te lavarás

Lavandeiras e Letras Galegas ocupan o mes de maio en Sillobre-Fene.
03 de Maio, 2019 - 10:45 h. | Publicada por Radio Fene

O VI Encontro de Lavandeiras de Sillobre celébrase o sabado 4 de maio. Este ano pecharase a festa cunha churrascada e os máis pequenos terán moitas actividades onde enredar.

ESCOITA O PODCAST:

Sillobre acolle o VI encontro de Lavandeiras mañá sabado 4 de maio. Ás 13:00h oficiarase unha misa en lembranza das lavandeiras da parroquia. Será a partir das catro e media da tarde cando empece a recreación, collendo as lavandeiras a lancha a Ferrol no peirao de Perlío. Unha hora despois, ás 17,30 farase o percorrido ao revés. Contra as sete da tarde empezará a recreación tal e como nos describe a encargada destes actos, Angeles Redondo quen engade que haberá xogos tradicionais a cargo de Fiestoke; a actuación de Airiños de Fene e unha churrascada pola noite, completando a Recreación. Os pequenos terán obradoiros artesáns de barro, lavado de roupa e panadería. Durante a xornada asistiremos a exposicións de fio, cestería de bolillos, madeira e calceta.

Este domingo A sociedade Agarimo de Sillobre abre os actos de celebración das Letras Galegas. Faino con teatro, ás 20:00h. A Agrupación Fantasía de Ares representa “Historias e contos da aldea, con verbas de Rosalía”.O sabado 25 de maio a Agrupación teatral Agarimo de Sillobre, dirixida por Andrés Picallo, estrearán a obra en tono de comedia " Aquí mando eu". O presidente de Agarimo, José Sardiña, anuncia outras actividades que celebra a entidade neste mes de maio que pechará a actuación de Terra Meiga o domingo 26.

Cultura

Publica o teu comentario agora