Lavado de faciana do parque Félix Rodríguez de la Fuente de Ordes

Lavado de faciana do parque Félix Rodríguez de la Fuente de Ordes

10 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes ten previsto dar comenzo en 15 días, aproximadamente, as obras de mellora do parque Félix Rodríguez de la Fuente. Unhas obras, que se realizarán a través dunha axuda da Deputación da Coruña que fora no seu día solicitada polo Concello. Estas obras, tal e como explicaron dende o grupo de goberno, consistirán na renovación do peche, melloras no entorno, así como a colocación de novos xogos que sustituir&aac

O edil de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, Jesús Pedreira, insistiu en que con estas obras o parque quedará totalmente renovado, solventando todas as deficiencias que se podían encontrar neste momento nesta área de xogos, contribuindo así a que os nenos e nenas do municipio conten cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades. Ademais, explicou o edil, tamén se mellorará a accesibilidade da zona e haberá xogos que estarán adaptados para poder participar nenos e nenas que conten con algún tipo de discapacidade. 

Por outra banda, dende o grupo de goberno, lamentaron que o Partido Popular de Ordes non se informe destas cuestións e criticase o estado no que se encontra o parque pedindo a realización de melloras, cando o goberno local xa tiña solicitada a axuda á Deputación para realizar estas actuacións no parque. Lamentou Pedreira que os populares ordenses non lean as actas da xunta de goberno, onde poderían comprobar como o grupo de goberno local xa se tiña interesado por este parque ao solicitar a axuda á Deputación, que finalmente veu concedida e permitirá que, próximamente, dean comenzo as obras. 

Sociedade