Lavandeiras e Indianos

Sillobre e Maniños acollen esta fín de semana a presentación das dúas recreacións
02 de Abril, 2019 - 08:48 h. | Publicada por Radio Fene

A parroquia de Sillobre (Fene) presenta o VI Encontro de Lavandeiras este sabado dia 6 de abril. E a asociación O Pote acolle o domingo 7 a Exposición de Indianos que permanecerá na sociedade de Maniños os meses de abril e maio.

O programa “Ven a Fene” lévanos este sabado a Sillobre. A Sociedade Agarimo acolle ás 11,00h unha charla de María Vega Cerqueiro sobre  "A Tradición das lavandeiras", en Fene e noutras zonas de Galicia. Vega Cerqueiro é autora do libro "As lavandeiras" de Edicions A Nosa Terra. Tras a conferencia proxectarase a película “Lavandeiras” para pechar a xornada coa inauguración dunha exposición de fotografía dos cinco encontros pasados. Unha mostra que será itinerante por outras parroquias pero que poderemos ver en Agarimo ata o 11 de abril e despois viaxará ao CCRD Perlío do 13 ao 21. E seguirá por Barallobre, Fene e Magalofes.O Encontro de Lavandeiras celebrarase o primeiro sábado de maio en Sillobre.

O Domingo 7 tócalle o turno a Maniños coa inauguración da exposición de fotografis da I Ruta de Indianos celebrada o ano pasado. Ás 11,30 da mañá do domingo preséntase a mostra que permanecerá nas instalacións do Pote os meses de abril e maio e poderá verse tanto polas mañás como polas tardes, de 11 a 14h e de 18 a 20h.

Cultura

Publica o teu comentario agora