Lavercas e mouchos

Lavercas e mouchos
13 de Febreiro, 2019 - 01:34 h. | Publicada por Radio Fene

As persoas que madrugan sen esforzo son as lavercas. Teñen menos predisposición a padecer depresións. O psicólogo José Barcia traenos a Radio Fene esa curiosidade, indicando que se trata de estudos que están empezando. "Ademais o que indican os xenes é a predisposición, non é unha sentenza definitiva" precisa.

Segundo este estudo, o xenoma das persoas madrugadoras protéxeas da depresión

As persoas predispostas a espertar pronto comparten xenes que melloran a súa saúde mental. Os científicos chaman laverca (alondra) ao tipo de persoa que sae da cama con facilidade e atopa a maior produtividade do día polas mañás. O seu cronotipo -este é o nome técnico que recibe cada patrón de soño e actividade- é oposto ao dos mouchos ou buhos, que traballan mellor de noite e déitanse e levantan tarde, segundo as convencións sociais. Un novo estudo, publicado en Nature Communications, desvela que quen está xeneticamente programado para espertar pronto ten menos risco de sufrir enfermidades mentais como a depresión ou a esquizofrenia. Ademais, declaran sentirse mellor que os demais.

Sociedade

Publica o teu comentario agora