Lección de coraxe

Lección de coraxe
31 de Outubro, 2023 - 11:34 h. | Publicada por Radio Fene

Pelexaron e non deron o partido por perdido. Na Terceira Galega de Fútbol feminino, Carlos Carballo, Vinky, destacou a bravura das súas xogadoras no partido que disputaron en Cedeira. Discalzas 3-2 Perlío. “Non íamos nas mellores condicións, tiñamos moitas baixas e non puidemos preparalo como nos gustaría”. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“A reacción”, o que máis lle gustou ao técnico do Perlío. “Fixemos un bo partido e merecemos puntuar, diría que mesmo a vitoria”, sostén o técnico do Perlío. Logo dunha primeira parte bastante igualada, que acabou con empate 1-1, o partido púxose costa arriba. “O equipo reaccionou co 3-1, cando máis difícil estaba, no minuto 90 penso que sacamos cinco córners seguidos”. Case sen tempo para tomar folgos, o Perlío prepara a sétima xornada que disputará mañá, nos Pinares, contra o Almeiras. 

Deportes

Publica o teu comentario agora