A lección maxistral de María Callas en Ferrol

A lección maxistral de María Callas en Ferrol

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo Bengala Produccións coa peza “Master Class” traerá a vida de María Callas a Ferrol. É un dos espectáculos incluídos na programación do Teatro Jofre para os vindeiros meses. Prepáranse tamén actividades arredor do dia da Muller e música sacra para conmemorar a Semana Santa. A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, anunciou que continúan ciclos como os de Novas Noites, Domingos a escena ou Dentro da caixa, g

A muller será o eixo sobre a que xire a programación cultural de Ferrol en marzo. Destaca a representación polo grupo Chévere da obra “Testosterona” que chegará ao Teatro Jofre o venres 12 e o sábado 13. O mesmo escenario acollerá o domingo 21, a posta en escea pola compañía Sol Picó de “ O Lago das moscas”. “….Sen pecado concebida” de Mariclown é outra das pezas das que merece tomar nota. A cita será no Jofre o sábado 27. A Semana Santa traerá á urbe naval un ciclo de música sacra e da ilustración. Levaranse a cabo catro concertos en distintas iglesias da cidade e na Capela do Torrente Ballester. Nel sobrancea a participación de Isasi Quartett con “Las últimas siete palabras de Cristo en la cruz” e “Stabat Mater Dolorosa”.   

Xa no mes de abril, Bengala Produccións estrearán “Master Class”  baseada nos últimos anos de vida de María Callas dando unha clase maxistral aos seus alumnos e o conflicto que se xera. Permanecerá varios días no Teatro Jofre para o deleite do público. A compañía Solodos ofrecerannos a peza “Hoxe non hai función con…”  tamén en abril. 

Os intérpretes Carlos Blanco, ou Toni Zenet (o Frank Sinatra español), deleitarannos coa súa musica. Zenet, segundo Taboada, é un artista de futuro e o Jofre dá un espazo a estes artistas emerxentes. A música árabe de Omar Faruk ou o novo flamenco de Israel Galván son algúns dos nomes que soarán forte nesta primavera 2010 en Ferrol. 

Cultura