Leche Pascual dará a mínima indemnización aos afectados polo ERE de Outeiro de Rei

Leche Pascual dará a mínima indemnización aos afectados polo ERE de Outeiro de Rei

09 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Leche Pascual seguirá adiante co ERE en Outeiro de Rei. Na reunión entre os representantes da empresa e do Comité dos traballadores mantida onte en Benavente, a empresa láctea deixou claras as súas intencións de continuar co proceso de peche da planta, a pesar da reacción social a favor do seu mantemento. Fontes dos empregados afectados anunciaron que o expediente será o mínimo posible, é dicir,

A firma leiteira tamén indicou que o ERE foi presentado como empresa. Isto quere dicir que o ámbito onde o fixo non foi en Galicia, senón que foi en Madrid, polo que a autoridade laboral encargada de dirimir a lexitimidade e validez ou non do proceso, en caso de que empresa e traballadores non cheguen a un acordo, será o Ministerio de Traballo e non a Xunta de Galicia.  

A partir deste momento ábrese un período de negociación de 30 días entre os representantes dos empregados da fábrica chairega e a propia compañía. As mesmas fontes falaron da dificultade de que estas consultas rematen nunha posición favorable, xa que non se aceptará o peche e loitarán pola permanencia de todos os seus postos de traballo. A única opción que se podería contemplar sería un ERE temporal, tal e como se prantexou en outros sectores como o da automoción.
 

O persoal afectado manterá unha reunión a semana que ven coas centrais sindicais, CCOO, UGT e CIG, co fin de definir as medidas e as posicións a adoptar diante da situación creada pola dirección da empresa.
 

Sociedade