Ledicia Costas: "A escola debe transitar polo camiño da diversidade"

Ledicia Costas: "A escola debe transitar polo camiño da diversidade"
10 de Xaneiro, 2019 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

“A escola debe transitar polo camiño do respeto á diversidade, fomentar a integración e a comprensión do outro, ainda que eu non me atrevo a xulgar ao ensino na actualidade” afirma a escritora Ledicia Costas, coa que falamos arredor do seu libro “A señorita Bubble”.

ESCOITA O PODCAST:
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión sobre "A señorita Bubble"

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

Unha muller intelixente, independente e fora do común sofre a incomprensión da comunidade, alimentada desde escuros intereses. A señorita Bubble de Ledicia Costas. Falamos del neste clube de lectura de Radio Fene Radiofusión con Esther Val, Andrés C.M.Ribeira, Henrique Sanfiz e coa autora Ledicia Costas.

Cultura

Publica o teu comentario agora