A Lei antidescargas volve á carga

A Lei antidescargas volve á carga

02 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

“A xurisdicción civil debería de ser a única que tivera competencias para combater a pirataria en Internet” afirma o senador do Bloque Nacionalista Galego Xosé Manuel Pérez Bouza. A Comisión de Economía do Senado aprobou onte o informe do relatorio da Lei de Economía Sostible, que inclue as dúas emendas pactadas entre PSOE, PP e CiU para reformar a normativa do canon dixital e rescatar a lei Sinde

A lei antidescargas será de novo introducida no trámite parlamentario,  tras o seu rexeitamento no Congreso en decembro. Será debatida no pleno do Senado durante a vindeira semana, antes de pasar de novo ao Congreso para ser aprobada definitivamente.

Pérez Bouza considera que a inclusion de emendas “non é oportuno nin na forma nin no fondo”. O BNG retierou no Senado o seu rexeitamento á súa introdución “via acordo extraparlamentario” e defendeu que o mellor sería “unha reforma global da Lei de Propiedade Intelectual. Critican os nacionalistas a “creación dunha comisión de propiedade intelectual innecesaria e de control político”.

Cultura