Leilía tocará tamén no Festival do Mundo Celta de Ortigueira

Leilía tocará tamén no Festival do Mundo Celta de Ortigueira

03 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Leilía tocará tamén no Festival Celta de Ortigueira deste ano. O cartel da cita que se prolongará entre os dias 8 e 11 de xullo complétase co grupo belga Orión. A banda presentará o venres 9 de xullo o seu cuarto album A cidade da fresa. Tamén subirán as taboas de Ortigueira, Cristina Pato, Anxo Lorenzo banda e Marful.

A oferta internacional de Ortigueira complétase con Oysterband (Inglaterra) Shoog Lenifty (Escocia) Kreposuk (Bretaña) Afterhours (Irlanda) e Gaelic Storms (Estados Unidos). O Concello da vila do Ortegal organiza un ano máis o Festival, co apoio do Xacobeo 2010, Estrella Galicia e a Deputación da Coruña.

 

Nun prazo de quince dias coñeceránse os nomes dos grupos finalistas do Proxecto Runas de promoción de grupos noveis, que fecharán un festival declarado de interese turístico internacional. Os organizadores agardan superar records de asistencia nesta XXVI edición, grazas ao tirón do Xacobeo e á gratuidade das actuacións. 

Sociedade