A Lela

A Lela é unha foitería de proximidade que ofrecerá tamén verdura e legumes de calidade.
15 de Xaneiro, 2020 - 02:04 h. | Publicada por Radio Fene

A Lela é unha tenda na que se venderá froita e verduras de proximidade. Abre as súas portas o xoves 16 de xaneiro na rúa Travesa nº 1 de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Emilio Cortés:

http://173.255.131.18/audio/150120CORTES.mp3

Unha nova tenda abre as súas portas o xoves 16 de xaneiro ás nove da mañá en Fene. "A Lela" é unha froitería e dispensario de verduras variadas, todos eles productos de proximidade e frescos. Tamén venderá legumes con denominacion de orixe e fariñas. Emilio Cortés é quen se pon detrás do mostrador para atender a unha clientela que quere productos de calidade.

Emilio Cortés adicouse un tempo á hostelaría porque esa é a súa formación profesional pero non se sentía feliz. Ten vendido productos cultivados por el mesmo no feirón de Perlío, e agora da o salto a rexentar unha pequena tenda na que vender alguns poductos seus, pero a maioría de agricultores adicados á horta.

A Lela ubicase na rúa Travesa nº 1 de Fene, nas proximidades da oficina de Correos ou da cafetería Bombay. Xusto enfrente deste establecemento está a tenda, sinxela, minimalista, co mobiliario confeccionado con palés. Así que mostrador e andeis son de madeira, por iso a mercaduría repousará en caixas de madeira e cestos.

O horario de A Lela, de momento, será de mañá. Abrirá as portas ás 9:00h e pechará ás 14:30h. Hoxe á mañá os cestos estaban baleiros, non había producto nos cestos porque abre mañá e non chegarán ata esta tarde. Bo sinal. Boa sorte.

Sociedade

Publica o teu comentario agora