Lembran o ascenso do OAR á máxima categoría do baloncesto

Lembran o ascenso do OAR á máxima categoría do baloncesto

06 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Hai 30 anos, na temporada 1979 – 1980, o basket en Ferrol chegaba ao máis alto. O OAR ascendia daquela á Primeira División, á hoxe denominada ACB. O proxecto de alcanzar a máxima categoria do deporte da canasta presentábase moi dificil, pero grazas ao esforzo de directivos, xogadores e corpo técnico se fixo realidade.

Foi un 4 de maio de 1980 cando o OAR se proclamou campeón da Primeira División B, conseguindo o ascenso á máxima categoria do baloncesto español. O último partido disputouse na Malata. Venceu o OAR ao Askatuak por un tanteo de 95 a 79. Este sábado todos os que fixeron posible aquela proeza reuniránse nunha cea. Emilio Beceiro e Tosi organizan o acto que se celebrará no Restaurante Capitolio da rúa Real de Ferrol. A dia de hoxe todos os xogadores e corpo técnico confimaron a súa asistencia. Reuniranse no polideportivo da Malata o sábado ás 19,30 e a continuación desprazaranse ata o restaurante onde terá lugar a cea.

Deportes