Lembrando á orquestra local de Fene

Lembrando á orquestra local de Fene

20 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Orquestra Local naceu en Fene en 1956. O seu director Xoán Rodriguez Carballo "Tadetas" xuntou a sete homes que confeccionaban a maior parte dos instrumentos. O bombo viña ser a metade dun bidón, o tambor estaba feito coas táboas dun caixón. Unicamente contaban cun saxofón de verdade, mercado a un garda civil. A formación musical contribuiu a recuperar o Antroido, tocando desde unha punta a outra de Fene, empuxados polo viño e polo sentido

A Orquestra Local é un dos episodios do Carnaval que se recupera no libro Fene vai de Antroido, de María Xesús Arias e Xosé María Permui, editado pola asociación "O Tadetas" coa colaboración do Concello de Fene e da Deputación da Coruña.

Sociedade