Lembrando a Camilo Díaz Baliño

Lembrando a Camilo Díaz Baliño

17 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol lembrará mañá mércores ao artista Camilo Díaz Baliño. Faise coincidir a conmemoración, co 91 aniversario da celebración en Lugo da Primeira Asamblea Nacionalista, organizada polas Irmandades da Fala, das que Camilo Diaz era membro destacado. O Bloque Nacionalista Galego reclama a reposición do seu busto no pedestal que a tal fin existe no Cantón de Molins.

Diaz Baliño naceu en Ferrol en 1889. Foi fusilado polos sublevados aos comezos da guerra civil. O busto inaugurado en 1999 e roubado en maio do 2007, lembraba a este fillo predilecto de Ferrol. Agora o BNG reclama a súa reposición. A concentración terá lugar no Cantón mañá mércores ás cinco da tarde.

 

Artista gráfico

Camilo Díaz foi un dos máis destacados artistas gráficos da Galicia do seu tempo. Traballou como delineante para a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela; director artístico da empresa Fraga, de teatro e espectáculos, con taller en Santiago de Madrid. Fixo moitas decoracións para o teatro galego e viaxou por Sudamérica. Realizou moitos carteis e murais para diferentes lugares e varias exposicións de óleos e un cartel á témpera, para unha mostra de Castelao. Moita da súa obra consérvase en museos galegos e en Bós Aires.

 

 

 

Sociedade