Lembrando a Miles Davis no Filloa

Lembrando a Miles Davis no Filloa

17 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Jazz e cunha homenaxe a quen moitos consideran a maior figura do xénero, esta semana na Coruña. O emblemático Filloa, local histórico da cidade herculina, acolle o mércores un tributo a Miles Davis en forma de Jam na que participarán Rubén Salvador, á trompeta; Sergio Salgado ao piano; Simón García no contrabaixo; e Miguel Cabana á batería.

A homenaxe ao autor de “Kind of blue” será este mércores día 19 a partir das 22 horas. Os billetes custan 5 euros.

Davis naceu en Alton (Illinois) en 1926. Foi un dos músicos de jazz máis importantes da última metade do século XX. Trompetista, director e compositor, marcou as principais evolucións do jazz. Convertiu este estilo melódico e lánguido nunha música de alto valor artístico. Morren en New York en 1991.

Sociedade