Lenda innova na atención ao discapacitado

Lenda innova na atención ao discapacitado

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Ademais de coñecementos teóricos os asistentes realizaron prácticas laborais como primeiro paso para unha plena incorporación ao mercado laboral. Iria Martínez, a traballadora social responsables do proxecto, entende que “o curso foi todo un éxito tendo en conta que a totalidade dos alumnos concluíron con éxito a formación teórica e un 90% finalizaron o período de prácticas satisfactoriamente”.

 

O curso, cunha duración de 276 horas, está enmarcado dentro do proxecto In-Formate e conta con financiamento da Vicepresidencia de igualdade e a obra social da Fundación “La Caixa”.

 

Esta tarde os participantes na actividade recibirán o diploma acreditativo nun acto que terá lugar en Lenda.

Sociedade