Lendolle á Nora

O programa Cans e Letras axuda aos nenos e nenas a ler e comprender mellor
19 de Febreiro, 2019 - 11:41 h. | Publicada por Radio Fene

A cadela Nora é tranquila e moi lista, daí que fose seleccionada para esta terapia educativa. No colexio Jorge Juan están encantados con ela porque os resultados está aí.

ESCOITA O PODCAST:

O obradoiro “Perros y Letras” ou “Cans e Letras” é un programa de lectura para nenos e nenas con cans adestrados, que emprega un método diferente pero moi eficaz. Os pequenos con algún problema de lectura ou de comprensión lectora, poñense diante da cadela e lenlle contos. Ela escoita atenta, sen xulgalos, e unicamente move a pata cando hai algún erro importante. O obxectivo inicial é mellorar as habilidades de lectura dos nenos e nenas. Pero esta ferramenta terapéutica ten mais vantaxes: autoestima, seguridade, etc.

A Cadela que atende o programa na provincia da Coruña chámase Nora. Acompañou nesta entrevista á súa preparadora, Laura González, e á mestra de Educación Infantil do colexio Jorge Juan de Perlío, un dos centros onde Nora acude cada semana desde o curso pasado para colaborar nesta terapia. Nenos e nenas e os seus pais están encantados co obradoiro e cos progresos experimentados polos seus fillos e fillas. Nora xa non da abasto e vai ter pronto outra colega de traballo para atender a demanda. Traballa de luns a xoves en centros escolares e tamén os sabados en bibliotecas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora