Leonardo e Verne, soñadores do futuro

Leonardo e Verne, soñadores do futuro

28 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O martes 29 de xaneiro e como actividade complementaria ao certame Inspiraciencia, promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), terá lugar en Vigo a charla “Leonardo e Verne, soñadores do futuro”, impartida polo escritor Francisco Castro. A conferencia enmárcase no ciclo de charlas “INSPIRACIENCIA Pasados, presentes e futuros da ciencia na literatura”, organizadas polo CSIC coa colaboración de diversas entidades

O certame, organizado pola Delegación do CSIC en Cataluña e o Instituto de Ciencia dos Materiais de Barcelona coa colaboración da Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica do CSIC e o patrocinio da FECYT-MINECO, conta en Galicia co apoio da Delegación do CSIC e de catro institutos de investigación do Consello (a MBG, o IIM, o IIAG e o Incipit), ademais da Editorial Galaxia.

O obxectivo da conferencia de mañá é dar presenza física á terceira edición do certame de relatos e microrrelatos Inspiraciencia, cuxo prazo de presentación está aberto até o 10 de marzo a través da web http://www.inspiraciencia.es, así como ofrecer algunhas claves dos puntos de confluencia da ciencia e a literatura.

O prazo de presentación de relatos está aberto até o 10 de marzo a través da páxina web www.inspiraciencia.es. Pode participar o público xuvenil (12-17 anos) e adulto (a partir de 18 anos) con textos en castelán, galego e catalán

Sociedade