Les Luthiers actuarán na Coruña e Vigo en marzo

Les Luthiers actuarán na Coruña e Vigo en marzo

14 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Les Luthiers confirman para marzo unha nova xira por Galicia. Tres anos despois da súa última actuación nesta terra, volverán á Coruña (Do 15 ao 18 de marzo. Coliseum) e a Vigo (20 ao 24. Auditorio do Mar). As entradas pódense xa adquirir en servinova.com a prezos que oscilan entre os 50 e os 75 euros.

O espectáculo que presentan agora en Galicia chámase Lutherapia, emulando unha sesión de psicoanalise. Trátase do show número 33 dun grupo que cumpreu xa os 45 anos. Incluen cancions novas con denominacións irónicas como El cruzado, El arcángel y la harpía (Opereta Medieval), Las bodas del Rey Pólipo (Marcha prenupcial), El flautista y las ratas (Orratorio), Aria Agraria (Tarareo Conceptual) e El día del final (Exorcismo Sinfónico-Coral).

Cultura