As Letras Galegas trasládanse para outubro

As Letras Galegas trasládanse para outubro
08 de Abril, 2020 - 11:45 h. | Publicada por Radio Fene

Dia das Letras Galegas que se celebra desde 1962 os 17 de maio trasládase este ano para o 31 de outubro. A Academia Galega decidiu pospoñer o pleno que ía celebrar en maio no Teatro Jofre de Ferrol. Celebraráse agora a finais de outubro, coincidindo coa data de nacemento do escritor ferrolán. O retraso afecta ás restantes actividades que tiña previsto celebrar nas vésperas das Letras. A RAG fai un chamamento á cidadanía para empregar as ferramentas dixitais en maio para a celebración. Ampliase o prazo de participación no concurso Contádenos o voso Dia das Letras ata despois do outono.

ESCOITA O PODCAST:
Loreto de Castro, Xoan Padín, Ferrolterra Antiga e Medulio.

O pensamento de Carvalho

"Sempre insistín na necesidade de distinguir as fronteiras político-administrativas e os límites sociais e culturais. O feito de que a nosa terra estexa integrada nun Estado e as terras portuguesas noutro distinto é un fenómeno real que inflúe, con certeza na realidade socio-cultural, mas que non a configura", indicaba Ricardo Carvalho Calero.

"Para a filoloxía románica desde o seu nascimento, para os romanistas hispánicos como Menéndez Pidal, hai unha lingua, un sistema lingüístico común a toda a franxa occidental da Península Ibérica. Trátase da lingua que chamamos galego-portugués, e este nome composto é unha concesón á divisón política antes aludida. Un isolamento da cultura galega con referéncia á cultura portuguesa suporía unha distorsón da realidade, unha conduta anti-natural e polo tanto marcada co estigma da esterilidade" afirmase no libro Conversas en Compostela con Carvalho Calero, de Miguel Anxo Fernán Vello e Francisco Pillado Mayor.

Cultura

Publica o teu comentario agora