ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” con motivo do 28 de xuño, Día da diversidade sexual. O Centro Municipal de Servizos Sociais agasallará á veciñanza este venres, de 10 a 14 horas, con camisetas e chapas conmemorativas.
O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” que impulsa a Deputación provincial da Coruña con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”. Unha campaña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. No marco da mesma, o Concello agasallará á veciñanza con camisetas conmemorativas e chapas –ata esgotar existencias-. Será mañá venres, 28 de xuño, entre as 10 e as 14 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais.
Fene é un dos 39 concellos da provincia adheridos á campaña, que nesta edición escolleu unha imaxe baseada nunha estética graffiti como elemento reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento. O lema “liberdade de ser e sentir!” quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas. Contémplanse dentro da campaña a posta en marcha de accións dirixidas a xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e visibilizar á comunidade LGTBQI+.
Ao abeiro da mesma, púxose en marcha a web seresentir.gal e o spot promocional da campaña que transmite, a través do skate, liberdade e libre pensamento, conceptos vinculados con este deporte que perseguen sensibilizar e reflexionar sobre as diversidades sexuais e os estereotipos sociais. O Concello de Fene subscribe a Declaración Institucional con Motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ da Federación Española de Municipios e Provincias.
Publica o teu comentario agora