Liberdade provisional para o xove acusado do atropelo de Franza

Liberdade provisional para o xove acusado do atropelo de Franza

22 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene
O mozo de 23 anos, veciño de Ares, detido como presunto autor do atropelo no que morreu un home de Mugardos (A Coruña) na madrugada do sábado ao domingo, foi posto en liberdade provisional, acusado dos delitos de homicidio por imprudencia e de omisión por socorro. O xove foi detido o luns por axentes do Grupo de Investigación de Accidentes de Tráfico cando circulaba no mesmo vehículo co que supostamente atropelou &aacute
Esta mañá prestou declaración ante o Xulgado de Instrución 1 de Ferrol, que o deixou en liberdade provisional.

O sinistro tivo lugar ao redor das 6.15 horas do domingo, no quilómetro 0,700 da AC-123 que conecta Ares e Mugardos, á altura da rotonda de Franza. O condutor autor do atropelo deuse á fuga e foi outro condutor o que viu o corpo do home atropelado tirado no chan, ao redor de media hora despois do sinistro. No lugar do accidente quedaron restos do automóbil, que permitiron á Garda Civil iniciar as investigacións, para localizar ao responsable do atropelo

Sociedade