A libraría dos universitarios

A libraría dos universitarios

03 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A meirande parte dos universitarios non acostuma merca libros e a grande maioría nin sequera lé. Na era dixital e das tecnoloxías semella que deixou no esquecemento os hábitos de lectura das novas xeracións. A “Librería del Campus” de Ferrol, que naceu no ano 1996 orientada ó publico univesitario, constata este incremento na perda paulatina de lectores entre o colectivo estudiantil.

A libraría conta cun espazo especializado do lib

A responsable da “Librería del Campus”, Flor Díaz, ven dunha xeración de libreiros na súa familia. Logo de traballar en diferentes eidos do mundo do libro, decidiu por en marcha o seu negocio, nun espazo no que se botaba en falta unha librería, o Campus de Esteiro.

Apaixoada da lectura Flor Díaz, que mesmo ten nos seus andeis unha sección de “favoritos”, inclúe entre as súas recomendacións a “Suite Francesa” de Irene Nemirosky editado por Salamandra, “Balzac y la joven costurera china” unha fermosa historia sobre ambientada na época da revolución cultural de Mao, e “Un mundo feliz” de Huxley.

Cultura