Libre de agresións, libre de imposicións

Libre de agresións, libre de imposicións

29 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha furgoneta ben colorista cunhas oito mulleres dentro é o núcleo da Caravana Feminista que percorre toda Europa dende o Kurdistán, de onde saía o 8 de marzo, a Lisboa, a onde chegará o 17 de outubro.  No camiño vai parando e facendo amistade con mulleres dos países por onde pasa. Danlles a benvida con ledicia e despídennas con mágoa cando marchan. O noso Corpo, o noso territorio, libre de agresións, libre de imposició

A Caravana Feminista entrou onte en Cataluña e entrará en Galicia o próximo luns cinco de outubro. A Coordenadora da MMM da comarca de Ferrol prepara o recibimento que será ás 7 da tarde na Praza da Constitución, no Cantón de Molíns. A coordenadora comarcal convoca ás 18,30h no polígono de Río do Pozo en

As cantareiras e gaiteiros de Airiños de Fene terán un papel estelar no recibimento da caravana pois a música galega será o primeiro que escoiten ao apearse en Ferrol. Maite da Costa, Sarabá e o rock de Eloise completan o cartel da benvida ferrolana, nun acto que conducirá a actriz Helga Méndez.

A Caravana permanecerá na comarca o día 6, con actos en San Sadurniño pola mañá e Narón pola tarde. Aquí celebrarase unha palestra sobre "ecofeminismo". A coordenadora conta co apoio das concellerías da Muller de Narón, Ferrol e San Sadurniño.

O día 7 para no mercado de Betanzos pola mañá e Santiago pola tarde. Os días 8 e 9 estará en Ourense e 10 e 11 de Outubro, última parada en Vigo. E despois xa entra en Portugal, na recta final da viaxe. Para seguir os
pasos da Caravana feminista ou participar nela dalgún xeito, pódese consultar a páxina feminismo.info

Sociedade