Libros cataláns, vascos, portugueses e casteláns na Festa da palabra

Libros cataláns, vascos, portugueses e casteláns na Festa da palabra

18 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O servizo de normalizacións lingüística en colaboración coa biblioteca municipal de Redondela prepara a “Semana do libro: a festa da palabra”. Trátase dunha campaña de animación á lectura que se vai desenvolver os días 21 e 22 na alameda de Chapela e os días 23 e 24 nos soportais do concello.

O obxectivo é, ademais de promocionar a lectura, dar a coñecer a variedade de linguas da península. Por este motivo o stand contará con libros en galego e castelán, así como en portugués, euskera e catalán. 

 

As persoas que se acheguen ao expositor poderán gozar do pracer de ler e, ao mesmo tempo, comprobar como son as linguas veciñas e aprender a valoralas.

 

Segundo explicou a técnica do servizo de normalización, Eva García Rei, para completar os fondos dispoñibles nas bibliotecas colaboraron o Instituto Camoés de Vigo, a dirección e promoción do Euskera do goberno vasco e a Secretaría de Política lingüística da Generalitat.

Cultura