Libros sobre o Camiño de Santiago

Libros sobre o Camiño de Santiago

03 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes quere sumarse aos actos conmemorativos do Ano Santo Compostelano coa realización dunha mostra que terá carácter permanente no centro durante todo o ano.Trátase da mostra “Os Camiños de Santiago”, que xa están preparando as responsables da biblioteca, e que consistirá na exposición dos fondos cos que conta este centro ordense sobre esta temática, dende todo tipo de libros a material audiovis

Con esta iniciativa o que se pretende dende este departamento municipal, é mover os fondos da biblioteca, sacalos das estanterías e facer que o público os vexa e saiba con todo o material co que conta dentro do centro, tal e como explicaron as súas responsables.
Durante o ano realízanse na biblioteca diferentes mostras temáticas deste tipo, aínda que soen ter un carácter temporal, como as xa celebradas sobre diferentes épocas do ano ou eventos característicos de cada momento. Así, esta iniciativa poñíase en marcha o pasado mes de xullo coa celebración dunha exposición de fondos adicada ao Santiago Apóstolo.

Éxito dunha nova sesión das “Tardes de Contos e Lendas”

Por outra parte dende a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes tamén calificaron como de gran éxito a sesión das “Tardes de Contos e Lendas” celebrada o pasado venres e que tivo como protagonista a música. Os nenos e nenas participantes puideron disfrutar do concerto didáctico “Músicas do Mundo” interpretado polo grupo SON+D2, que achegou a diversión e a música á biblioteca ordense.

Cultura