Lidia Sanmartín, oito meses despois.

Lidia Sanmartín, oito meses despois.

01 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moi recuperada das feridas e cun sorriso cheo de esperanza, así recibimos esta mañá a Lidia Sanmartín Novo, unha das víctimas do accidente do Alvia na curva de Angrois, o pasado 24 de xullo. Lidia Sanmartín asiste incrédula ao discurrir do caso que ten visos de facelo moi lentamente, a tenor do cambio de xuiz na instrucción do caso. Ela pertence á asociación de víctimas coas que comparte avogado da acusación popular

Lidia Sanmartín é unha muller de 32 anos, licenciada en Dereito e Diplomada en relacións Laborais. Traballa en Madrid no Banco Pastor, como Xestora de Empresas. E daló viña o 24 de xullo para pasar os días do patrón coa familia en Barallobre- Fene. Salvou a vida pero de momento ten que acudir diariamente a rehabilitación para curar unha perna, a que saíu peor parada no accidente. Antes tivo que superar dous neumotorax, seis costelas rotas que se cravaron nos pulmóns e algunha secuela que queda aínda nas vértebras, pero agora mesmo se sinte moi recuperada.

O dia 24 de xullo Lidia celebrará por todo o alto estar viva, volver a nacer; mentras acude relixiosamente cada día ao hospital Novoa Santos a facer a rehabilitación que lle está devolvendo a movilidade do pé e da perna, aínda que terá que someterse a outra operación. Só ten palabras de agradecemento para os médicos que a tratan e para os fisioterapeutas que a puxeron a andar.

Sociedade