A liga é do Perlío e do Maniños

A liga é do Perlío e do Maniños

21 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Perlío e Maniños volveron hoxe a dar un “golpe de autoridade” nos seus respectivos enfrentamentos. O Maniños gañou ao Numancia no municipal dos Prados Vellos e o Perlío fixo o propio ante o Ortigueira no municipal de Neda. O Maniños perdía por 2 tantos a 1 no minuto 36 da segunda metade e en dez minutos deu a volta á tortilla e levouse o partido. O Perlío empataba co Ortigueira no minuto 40 da segunda parte pero un gol de Rober no 42

Soamente o Valdoviño aguantou o tipo e goleou ao San Pablo no municipal de Mourente. O equipo de Juan Del Río gañou por 4 a 1 con tantos de Angel, Alex, Félix e Sebas. O tanto da honra do San Pablo foi obra de Nene. O Cedeira tamén aguanta o tirón do Perlío e do Maniños coa goleada do Beco ante o Narahio. Unha “manita” endosou o equipo cedeirés ao conxunto de Padín. Capela e Cariño empataron a dous tantos e o Mugardos B venceu ao Cebarca no desterro de Aneiros.

Deportes