Limodre desafiou a choiva e invadiu Redes

Limodre desafiou a choiva e invadiu Redes

02 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os presaxios eran negros. Durante a noite e pola mañá caeu auga a chuzos o que fixo temer pola singladura. Pero así como Felipe II non se atreveu a mandar a Armada Invencible a loitar contra os elementos, José (o do Bar O Emigrante de Limodre Fene A Coruña) capitaneou a flota de Limodre que ás 18,00 do 1 de agosto do 2009 se botou ao mar de Almieiras para invadir a parroquia veciña.

Máis de 1000 persoas participaron dun ou doutro xeito na IV edición da Invasión Vikinga de Redes. O ataque terá a súa réplica o vindeiro sábado 22 cando os da parróquia de Ares invadirán con auga a costa de Fene. Barcos, lanchas e todo tipo de artefactos flotantes serviron para transportar aos de Limodre ata Redes. Alí degustaron un refrixerio, rescataron ao alcalde de Fene Iván Puentes e a máis de ún o pasaron por auga. Retornaron logo á praia de Rio Castro onde deron conta dunha churrascada arrufada musicalmente por Carlos Rey e Xosé Saavedra.

Sociedade