Limodre e o Nadal máis saboroso

Turróns, mazapáns e galletas caseiras para o Nadal
10 de Decembro, 2018 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

Cantigas e turróns combinan á perfección na oferta de actividades para o Nadal e para toda a familia na AVV de Limodre (Fene).

Non ben pasaron as festas da patrona Santa Olaia, a AVV de Limodre ofrecenos o vindeiro sábado 15, un obradoiro de elaboración de postres de nadal, turrón e mazapán caseiros, que serán impartidos pola agrupación "Entremáns". Hai prazas limitadas así que hai que inscribirse axiña. Este obradoiro está pensado para persoas adultas preferentemente.

O domingo 16, grazas a unha colaboración con Airiños de Fene, na igrexa parroquial, encontro coral no que actuarán o Tradicoro (Airiños de Fene) e a Coro de Voces Veteranas de Culleredo. Será a partir das 19.00 na Igrexa.

E o venres 21, daránlle a benvida ás vacacións de Nadal, cun obradoiro de galletas de nadal para toda a familia. Tamén aquí é imprescindible anotarse, así que se estades interesad@s facédenolo saber o máis axiña posible.

Cultura

Publica o teu comentario agora