Liquidación total

Baixo o lema "Merca en Fene. Todo queda na casa" o sabado desenvolve o comercio de Fene un novo Outlet
14 de Marzo, 2019 - 02:06 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o lema "Merca en Fene, todo queda na casa" 25 comercios participan no Outlet de Fene este sabado 16 de marzo. Abrirán as portas durante todo o día, con rebaixas nos articulos da tempada que acaba.

ESCOITA O PODCAST:

Concello e comercio promoven o Outlet de fin de tempada este sábado 16 en Fene. A cita busca dinamizar as vendas con saldos e promocións e o sorteo de vales para mercar no comercio local por valor de 600 euros.O concelleiro de Promoción Económica, César Castro, presentou a cita, incluída no programa “Merca en Fene, Todo queda na casa”. Avanzaba que a feira, que arrancará ás 10 horas e se prolongará ata as 20 h, contará coa participación de 25 comercios e máis dous establecementos hostaleiros, que ofrecerán tamén promocións especiais. Moda, textil, ópticas, calzado, produtos de agasallo ou labores concentran a oferta da feira.

Tendas da Avenida do Concello, Avenida Naturais, rúa da Fraga e Marqués de Figueroa serán os escenarios do Outlet.

Os comercios participantes son: Berline Boutique, Calzados Locay, Mayka Calzados, Mercería Costuras, Dama Moda, Jomer Moda, Loly Calvo Lencería, Lualé 114 Deportes, Más Sport, Regalos Artabria, El baúl de Bego Moda, Un pedacito de mí moda infantil, Calzados San Ros, Caasi Moda, Koralli Boutique, Yovi Peluquería de mascotas e Moda Fene. Baixo carpa, algúns negocios tamén ofrecerán os seus produtos na praza Verde: Esencias del Tibet, A Xoaniña labores, Verdegaio fotografía, Moda Lidia e Perla Multiprecios.

Tamén a hostelería colabora na xornada con promocións especiais en dous establecementos; Pachamama, na Avenida do Concello, e Mesón O Son de cociña, en Marqués de Figueroa.

O obxectivo principal da feira é ofrecer ao comercio local unha oportunidade para dar saída aos últimos produtos de tempada e dinamizar as vendas a través de saldos e promocións que atraian á xente. Nun dos comercios participantes no Outlet está Marta Peña Antón, de Más Sport, quen confía plenamente na ultilidade deste tipo de citas. A clientela, ademais de grandes descontos, entrará no sorteo da xincana dos premios. En total, repartiranse vales de compra por valor de 600 euros para mercar nos establecementos adheridos á iniciativa, o día 22 de marzo en horario comercial. Así mesmo, repartiranse bolsas reutilizables. A cita está organizada polo Concello, a través da Concellería de Promoción Económica, e en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro.

Institucional

Publica o teu comentario agora