Lois Pereiro, homenaxe ao poeta maldito

Lois Pereiro, homenaxe ao poeta maldito

04 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Unha mesa redonda sobre o poeta Lois Pereiro, homenaxeará en Fene (A Coruña) ao escritor designado pola Real Academia Galega para lembrar o Dia das Letras Galegas do 2011. O acto comezará ás oito da tarde de mañá xoves no local da Asociación Veciñal de Perlio. Alí falarán sobre o poeta monfortino, Xosé Manuel Pereiro, irman do homenaxeado e actual decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, o escritor Noel Blanco, o poeta Xos

Lois Pereiro considérase o poeta maldito, o poeta que sempre se soubo manter nas marxes. Con apenas 2 libros publicados en vida, morreu con só 38 anos despois dunha longa enfermidade, unha enfermidade maldita.Segundo a profesora de Galego Anxos García Fonte, homenaxear a un poeta como Lois Pereiro supón ampliar os horizontes de expectativa para a poesía (e para a literatura) galega.

Lois Pereiro é o poeta underground, o intelectual atento á literatura en lingua alemana, inclinación tan pouco frecuente nas nosas letras, o poeta marxinal que existiu malia non participar no sistema de premios literarios (só gañou un: o Premio Nacional de Poesía O Facho), o poeta que non viu publicado un libro seu ata poucos anos antes de morrer, e nunha editorial tamén marxinal como Positivas. En definitiva, un poeta de referencia que fixo moi pouco por selo é agora reivindicado non só polos seus vellos e ben situados compañeiros como Manuel Rivas senón por toda unha xeración de poetas novos que sempre souberon admirar na súa poesía unha capacidade extraordinaria para renovar formal e tematicamente o canon poético galego, unha voz singular e poderosa que trae aires de insubmisión.

As persoas interesadas en participar na cea literaria poden ainda reservar a súa praza no teléfono 649 375257. A mesa redonda é de entrada libre. Organizan os actos Radiofusión e Gaceta de Fene, coa colaboración da asociación do comercio O Cruceiro de Fene.

Cultura