Loita dende a alegría

Loita dende a alegría
18 de Xuño, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Toda produción artística leva implícito un tipo de relato que fala dun tipo de sociedade e aí hai moito que estudar sobre o que conta Leandro con esta escolla cromática e esta evolución. Pódense tamén facer estudos parciais dende moita partes”. Así se refire Charo Lopes ao novo libro de Leandro Lamas sobre o que falamos no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

A editora desta publicación destaca, por exemplo, a expresividade dos ollos das personaxes de Leandro ao tempo que recorda que a súa obra é “complexa e variante”. O feminismo tamén está moi presente. “Non son casuais os referentes que coloca Leandro. Vemos a mulleres soas retratadas. Mulleres felices en espazos naturais confortables. Vemos mulleres xuntas dende o amor, dende os afectos. Isto é moi potente a nivel de que as musas, sobre todo para os pintores masculinos, veñen sido sempre obxectivadas. Neste caso, as personaxes femininas que coloca Leandro son sempre suxeitos. Son sempre activas. Están sempre nunha posición de poder ou de loita dende a alegría”.

Fotografía: Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora